O triple salto é unha proba atlética realizada na mesma zona que o salto de lonxitude, que consiste en saltar a maior distancia posible dende un punto determinado valéndose de tres saltos sucesivos para recepcionar no foso de area.
Para isto, o/a atleta realiza primeiro unha carreira de aproximación- carreira natural- na que intentará acadar unha velocidade que lle permita executar un boa batida. Esta carreira ha de ser o máis homoxénea posible onde os últimos pasos serán os máis amplios. O idóneo é explotar ó máximo as posibilidades reglamentarias para lograr unha correcta e xusta aproximación a táboa de batida.
Unha vez aquí comeza a prepararación ó primeiro salto. Neste a perna de batida realiza un movemento circular levando o talón ao glúteo. Este salto pode dividirse en 3 subfases:
O terceiro salto é moi similar ao de lonxitude, no amortigüamento o atleta perde velocidade pero fai unha compensación cunha maior flexión da perna de batida do principio e comeza a fase de voo cara a area.
Para isto, o/a atleta realiza primeiro unha carreira de aproximación- carreira natural- na que intentará acadar unha velocidade que lle permita executar un boa batida. Esta carreira ha de ser o máis homoxénea posible onde os últimos pasos serán os máis amplios. O idóneo é explotar ó máximo as posibilidades reglamentarias para lograr unha correcta e xusta aproximación a táboa de batida.
- Batida: para perder a menor velocidade posible e que o atleta se sitúe en posición óptima para as seguintes fases, o amortiguamento deberá ser próximo ao centro de gravedade.
- Voo: en todo momento co tronco en posición vertical, faise o xesto de dous pasos, é dicir, a perna de batida queda retrasada e despois volve cara adiante cando a de impulso vai para atrás.
- Aterrizaxe: realízase con toda a planta do pé.
O terceiro salto é moi similar ao de lonxitude, no amortigüamento o atleta perde velocidade pero fai unha compensación cunha maior flexión da perna de batida do principio e comeza a fase de voo cara a area.
Logo de visualizar varios vídeos de atletas profesionais do triple salto -tanto de homes coma mulleres- meu compañeiro Pablo Villar e eu, decidimos analizar a fase de voo no último salto.
Nela pódense diferenciar principalmente:
- Salto natural: é o máis sinxelo. Despois do impulso, a perna libre desplázase cara adiante, mentres que a de batida realiza un movemento atrás adiante para xuntarse ca perna libre e formar a posición de sentado e realizar o aterrizaxe na area.
- Salto en extensión: a perna libre reláxase e vai cara atrás para xuntarse coa de batida; o tronco arquéase acompañado da flexión cara atrás ou lateral dos segmentos libres -brazos- para finalmente dar un golpe de riñóns e prepararse para o recepcionamento na area.
- Salto de tixeiras: en certa forma, o corredor continúa correndo no aire. Neste salto a perna de batida queda atrás, a libre vai cara diante e despois retrásase mentres que a de batida se adianta. Para finalizar o salto, a perna libre realiza un movemento adiante para xuntarse coa de batida e aterrizar.
Competición en Rio https://www.youtube.com/ watch?v=Rmb48a2t008
O
primeiro saltador, Dong, realiza un salto natural. Co detalle que,
respecto aos demais, observamos unha flexión de tronco máis pronunciado.
Os dous seguintes saltadores, Taylor e Claye, fan o salto en
extensión. Opera realiza a fase de voo en salto natural, Craddock en
extensión.
Competición Londres 2012
Observamos
o primeiro saltador, Platnitski, realizando un salto de tixeira, onde a perna de batida realiza un movemento atrás-adiante e a perna libre vai adiante-atrás e regresa adiante ca perna de batida (16,19m) ; Laine
nesta ocasión recepcionaria na area con un salto claro que sería en extensión (16.65m)
Competición Beijing 2015
Tódalas saltadoras recepcionan na area mediante o salto natural.
Petrovia: realiza un salto natural, onde observamos con diferencia ao resto de saltadoras, que xusto despois do impulso, inclinase hacia diante, en lugar de manter o tronco recto e inclinalo unha vez na fase voo, esto é un estilo propio da saltadora
Campeonato España 2013 pista cuberta
Ao tratarse dunha competición a nivel nacional é moi dificil ver diferentes tipos de saltos polo que predomina o salto natural en tódalas saltadoras. Entre elas destacan a saltadora galega: Ana Peleteiro logrando un salto con lonxitude de 13,49m
Traballo feito con Sara Romero
No hay comentarios:
Publicar un comentario