Para
o seu estudo e análise técnico do salto de lonxitude, este divídese en
varias partes entre as que existe unha estreita dependencia. Pois a
incorrecta execución dalgunha das mesmas, afectará negativamente o
resultado final do salto. Estas partes son:
- Carreira de aproximación: trátase dunha carreira aproximada de 30 m que debe de ser a unha velocidade moi alta e medida para chegar a tabla de batida e non sobrepasar a liña que delimita un salto válido.
- Batida: esta fase lévase a cabo cando a carreira se transforma nun salto, o pé da perna de batida apoia completamente ca planta, a perna de batida encóntrase nunha posición de extensión completa e a súa vez a perna libre flexiónase cara adiante e dá comezo a fase aérea.
- Voo ou fase aérea: na que podemos distinguir tres tipos de saltos:
- Salto en extensión: a perna libre reláxase e vai cara atrás para xuntarse coa de batida; o tronco arquéase acompañado da flexión cara atrás ou lateral dos segmentos libres -brazos- para finalmente dar un golpe de riñóns e prepararse para o recepcionamento na area.
- Salto de tixeiras: en certa forma, o corredor continúa correndo no aire. Neste salto a perna de batida queda atrás, a libre vai cara diante e despois retrásase mentres que a de batida se adianta. Para finalizar o salto, a perna libre realiza un movemento adiante para xuntarse coa de batida e aterrizar.
- Recepción ou caída: A caída realízase sobre os talóns, as pernas chegan ao foso extendidas, a meta de cada saltador e chegar o máis lonxe posible e recuperar o equilibrio unha vez feito a marca no foso.
A pista de salto de lonxitude mide 40 metros.
O corredor non poderá deixar ningunha sinal sobre a pista de salto nin na zona de caída.
A tabla de batida mide 1,22 m de largo e 20 cm de ancho antes da línea que non deberán sobrepasar, a zona de caída deberá medir al menos 2,75 metros de largo.
A tabla de batida encóntrase entre 1-3 metros antes do foso, o saltador para efectuar un salto adecuado non deberá sobrepasar a línea blanca da tabla de batida. Un salto será fallido cando o saltador:
- O saltador colle impulso máis alá da línea de impulso con calquera parte do seu corpo.
- O saltador ao caer toca a pista fora da zona de caída.
- Despois de realizar o salto, caése cara atrás no foso da area.
Unha
vez feito un repaso pola técnica do salto de lonxitude, procedemos a
observar os saltos en varias competición de elite para facer unha
estadística dos tipos de saltos - natural, extensión e tixeiras-
acompañado de detalles que vexamos en cada saltador/a.
Iniciamos este estudo ca competición da final de Rio 2016 .
O
primeiro, Grerg Rutherford, fixonos dudar entre un salto de extensión e
de tixeiras. O movemento das pernas foi o que deu pé a dita
inseguridade, pois os movementos deste segmento non son puramente de extensión, a perna de batida vai cara diante antes que a libre, como pasa no salto de tixeiras.
Logo de varias visualizacións a distintas velocidades de video, chegamos a conclusión de que se trata dun salto en extensión. O estilo do propio atleta permítelle combinar características de salto de tixeira e de extensión.
Nos saltos dos dous últimos atletas, todas as desconfianzas anteriores disipáronse posto que se trata dun salto en tixeiras puro.
Na segunda proba, en Portland 2016- World Indoor Championship
observamos un primeiro salto de tixeiras. A pesar de non ter moitas dúbidas, si tivemos que volver velo varias veces porque o corto voo ocasionounos certas dúbidas.
O segundo, trátase dunha clara extensión por como a atleta no momento do voo relaxa ambas pernas mentres que realiza o arqueo de tronco seguido dun golpe de riñóns e o movemento das pernas cara diante.
As dúas seguintes atletas vemos un claro salto en tixerias. A seguinte, a pesar de ser un salto nulo por realizar a batida máis alá de dita táboa, foi un salto en extensión ao igual que as dúas seguintes participantes.
Traballo feito con Sara Romero
No hay comentarios:
Publicar un comentario